Carnicería Noda – Sarria

Calidade, selección e elaboración propia

En Carnicería Noda traballamos cunha coidada selección de carnes e produtos elaborados para ofrecer sempre a mellor calidade.

O noso proxecto combina tenda e sala de despezamento, o que nos permite controlar cada proceso e preparar os cortes e elaboracións co máximo coidado.

Ademais de carne fresca, tamén contamos con produtos elaborados e especialidades propias, pensadas para quen busca sabor, calidade e tradición.

Unha carnicería moderna que mantén o valor dos bos produtos.